segunda-feira, 28 de setembro de 2009

Que é Dambara?

Dambara é unha asociación cultural musical e xuvenil. Fundada en Burela no ano 2007, tivo a súa orixe na Banda de tambores e cornetas “ Santo Inocencio da Teixeira”. O seu nome procede do persa e significa “percusión”


ESTRUCTURA INTERNA

A Asociación estrutúrase en dúas organizacións musicais ben diferenciadas. Estas, aínda compartindo persoal, teñen características moi diferentes:
  1. Banda C.C.T.T. “Santo Inocencio de Teixeira”
  2. Banda de gaitas “ DAMBARA”

ESCOLA DE MÚSICA

Ambas agrupacións comparten a mesma escola de música, que se organiza a partir de familias instrumentais: as gaitas, os metais, e a percusión.
Tanto o director das dúas bandas, como os profesores especializados en cada instrumento pertencen á asociación, e teñen estudado música nela. Finalmente, completan o ciclo ocupándose da dirección musical e transmitindo os seus coñecementos á xente nova que se incorpora